Referencias
«Saúl Otero ha evolucionado en su concepción subreal desde un mundo que se construía con caligráficos objetos, figurados, arácnidos y filiformes, a unas formas abstraídas, (…)»
1984
«Todo su lenguaje expresivo responde a una necesidad o impulso de expresarse sin falsedad ni desvirtuamientos (…)»
1984
DIART.Nº20 REVISTA DE LAS ARTES VISUALES
«Traballadas as cores dun xeito artesanal, Saúl sabe partir da «cociña» do artista, recrearse nela, e ten unha ollada lúcida no plantexamento literario da obra artística (…)»
1986
CATÁLOGO INSTITUTO VALLE INCLÁN PONTEVEDRA
«La evocación de emociones testifica el sentido mágico de la pintura de Saúl.(…)»
1989
CATÁLOGO SALA TORRADO EN PONTEVEDRA
«Un pintor pulcro, preciso e intelixente, no que o accidental -se existe no seu proceso creativo-, asimílase sabiamente ó deseño máis premeditado. (…)»
1991
CATÁLOGO AUDITORIO DO CONCELLO CAMBADOS
«A materia consistente ocre dos ósos transfigúrase nun remuíño delirio de cores mesturadas. (…)»
1993
CATÁLOGO SALA DE ARTE BBV-VIGO
«Fervenzas de vivencias esvaran polas cordas misturadas coa métrica rotunda da madeira (…)»
1995
CATÁLOGO CASTELO DE SOUTOMAIOR
«Sobriamente engalanadas xurdían as imaxes. A énfase da terra despreguizada co bulir cansino dun animal doméstico. (…)»
1996
TRÍPTICO CENTRO MULTIFUNCIONAL DO CARBALLIÑO
«Al mismo tiempo que crea, el artista destruye. La mitad de sus obras aparecen sesgadas, mutiladas, abiertas en canal, lo que nos devuelve a un artista agresivo, inconformista y valiente.(…)»
1998
FARO DE VIGO OCIO- LA CONTRAPORTADA
«O espontáneo serve de contrapunto ó premeditado, o temperamental vese refreado polo metódico rigor adquirido no curso de longos anos de dedicación raiana no alquímico. (…)»
1998
DÍPTICO GALERÍA ARCANA. VILAGARCÍA
«A Saúl, os do cine debémoslle unha visión sen precedentes na cultura audiovisual galega: o seu achegamento ó audiovisual propio a través das «Xilocromías para o cine galego»(…) «
2001
CATÁLOGO SALA CASA DA CULTURA. VILAGARCÍA
«E bañaba cervatos xemelgos cos matices de Saúl, con cribos na arnela. Apegaba os cruños de luz, que isca e xerfa o torreiro.(…)»
2002
DÍPTICO GALERÍA BORRÓN 4 . CAMBADOS
«Vou vagante no caudal desta pintura diferente que aparez nas bóvedas do cuarto, no corredor da luz, nos areeiros, na pinguela do viño neghrón ou branco,(…)»
2002
DÍPTICO GALERÍA SARGADELOS PONTEVEDRA
«Nos seus cadros de grande formato/tamaño están a pulsión rompedora e o irrenunciábel afán de denuncia, a fervenza creadora e a pegada de certas obsesións fecundas, a entrega ao ideal indómito da liberdade e o desexo de non confinarse en ningún marco preestablecido, sexa material ou espiritual. (…)»
2010
CATÁLOGO SALA ANTÓN RIVAS BRIONES.VILAGARCÍA
«El sobresalto llega
cuando de cerca tocan el cuero del tambor
y flotan los sonidos, se esparcen por el aire
e invaden las esquinas seguras de la casa (…)»
2010
«Neuromaníaco eterno
o noso SAÚL OTERO.
Feito en madeira e ferro,
coma os bos canteiros.
(…)»
2011
«A infancia, o mar, as sombras, as cores, a luz, as liñas, os contornos, a madeira, o metal … son notas constantes na partitura compositiva de Saúl, de articulacións infinitas que interpretan momentos, vivencias, estados … Sendo el inconfundible, son moitos el, inescrutable, profundo, variopinto … Vínculo invisible pero presente entre as moitas facetas do mesmo poliedro. (…)»
2017
TRÍPTICO PAZO TORRADO. CAMBADOS
«Ademais do seu traballo silandeiro e solitario, Saúl participou en numerosas empresas colectivas das que, a maiores, foi impulsor en moitas ocasións. Lonxe do divismo que quere luces e focos para o artista, Saúl procurou a conexión, a confluencia, o encontro entre artes, paixóns, talentos, persoas… (…)»
2019
«Estas nerviosso, ho?!?
Foi o primeiro que escuitei da sua pessoal e peculiar voz (…)»
2019
«Amigo Saúl, sempre que te lembro, véxote falando de arte, pintura, escultura, cine, cómic, dos homes e mulleres que aparecen nas túas imaxes, pero acertadamente, non esqueces o resto que tamén forma parte das túas visións, da túa vida e da nosa. (…)»
2019
«Es Saúl un personaje capaz de hacer que las formas y el color se esparzan libremente por espacios de dimensiones diversas, poniéndolas al alcance de todo aquel que se hermana en la vertiente de una misma sensibilidad (…)»